Wednesday 15 de May de 2024

Inudacións Sol e Mar Arteixo


A continuación enviamos nota de prensa sobre as inundacións que sofren os veciños e veciñas do nº8 da rúa Calderón de la Barca na urbanización Sol e Mar na parroquia de Oseiro e adxuntamos foto.

Arteixo, 1 de decembro de 2022.- O BNG denuncia as inundacións nas entradas dos edificios de Sol e Mar na rúa Calderón de la Barca. Os veciños e veciñas levan anos denunciando estes problemas e que en gran medida se deben a obras nos muros de parques e xardíns públicos.

Hai meses que o BNG de Arteixo leva a pleno a problemática que están a vivir esta veciñanza mais o goberno non da actuado nin se pon en contacto coa veciñanza para poñerlle solución.
Vai sendo hora que o goberno local se poña as pilas e que solucione os problemas reais da xente do noso concello.
Esiximos que o goberno local se poñan en contacto con eles á maior brevidade posible e que cheguen a un acordo para a solución real deste problema.
Que non nos fagan pensar que para o goberno local hai arteixáns e Arteixás de primeira e de segunda.